Lección maxistral |
As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudio de casos e estratexias de resolución de problemas. O/a alumno/a terá a sua disposición e na plataforma de teledocneica as notas elaboradas polo profesor que lle servirán de guía. |
Prácticas de laboratorio |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais con equipamento especializado. Utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e adestramento sistemático. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumnado deberá solucionar situacións da vida real coas súas propias estratexias a través do coñecemento, a investigación e a reflexión. |