A través desta materia preténdese identificar os contidos máis axeitados para a estratexia de comunicación dunha empresa ou institución e para os seus distintos tipos de públicos. Tamén se elaborará a estratexia de contidos de acordo cos obxectivos de comunicación establecidos dentro das liñas estratéxicas da organización.