OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN CONTÍNUA - O traballo tutelado está formado por un traballo escrito e a presentación oral da proposta. - É necesario aprobar cada un dos traballos propostos para superar a materia, con polo menos o 50% da nota. De non ser o caso, o/a estudante terá un suspenso na materia. - Na segunda oportunidade terase en conta o mesmo sistema de avaliación e os criterios establecidos para a primeira oportunidade, aínda que os traballos e actividades realizaranse de forma individual. INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL - O sistema de avaliación global aplícase áquel ou áquela estudantes que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, que é o sistema recomendado para cursar esta materia. - Esta renuncia debe facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións de protocolo aprobadas na Xunta de Facultade de Comunicación e despois de ser informado/a a docente. - O sistema de avaliación global estará composto por un exame oficial de carácter teórico (40%) e a elaboración dun traballo que supón un dossier escrito (40%) e unha presentación oral (20%), que se realizará de forma individual. Este traballo consistirá na creación dunha marca coa planificación da súa estratexia e plan de contidos para medios sociais. - Deberanse aprobar cada unha das tres probas por separado para poder superar a materia. - As probas de avaliación global realizaranse unicamente na data oficial aprobada polo centro. - O traballo non se recollerá fóra dese data oficial. - Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais. - Non se ofrecerá material adicional ao incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para aqueles estudantes que renuncien ao sistema de avaliación continua. Outros aspectos a ter en conta
Esta materia impártese en modo PRESENCIAL, polo que é deber do alumnado asistir ás sesións docentes no horario establecido polo centro.
Como xa se indicou ao explicar o sistema de avaliación continua, en todas as sesións tomarase nota dos membros asistentes (Folla de asinaturas indicando nome, DNI e sinatura).
Esta normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia, SEN EXCEPCIÓN.
A guía docente presenta o enfoque xeral da asignatura. Por motivos de extensión e debido á imposibilidade de subir documentación complementaria na plataforma Docnet, os detalles máis concretos sobre o sistema de avaliación global xestionaranse en tempo e forma a través da plataforma Moovi.
Todo o non contemplado e/ou detallado expresamente nesta guía será regulado polas indicacións do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). Dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |