Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
1
2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Mahou Lago, Xosé María
Correo-e
xmahou@uvigo.es
Profesorado
Mahou Lago, Xosé María
Web
Descrición xeral
O TFM é a realización, por parte do alumnado, dunha memoria ou estudo sobre un tema de traballo ou investigación que lle será asignado e no que desenvolverá e aplicará coñecementos, capacidades e competencias adquiridos no Máster.
Ademais do seu contexto ordinario, o TFM poderá desenvolverse no marco dun programa de mobilidade, dun convenio de intercambio con outra universidade ou dun convenio de colaboración con outra entidade.
O TFM é un traballo protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. En consecuencia, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual corresponderá ao estudante que o realizou. Esa titularidade poderá compartirse cos/as titores/as, cotutores/as e/ou entidades públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente