• CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.
• CON-02 Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.
• CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdicional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.
• CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdicionais.
• HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
• COMP-01 Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais.
• COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedementais.
• COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns/as, institucións e outras persoas profesionais.
|
|
B1 B2 B7 B8
|
C1
|
D1 D6 D7
|