1. Para a superación da
materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e
exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación
mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e
condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a
asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en
todo o cuadrimestre). 2. No caso de que o alumnado
queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación
continua dentro do prazo
e seguindo o procedemento establecido polo centro. 3. Descrición da avaliación
global: Na data oficial establecida polo
centro para o exame final, o alumnado deberá: - Realizar un exame teórico,
definido polo equipo docente (60% da nota) - Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota) - Entregar un traballo
consistente na análise dunha campaña real de imaxe e RRPP, definida polo equipo
docente (10% da nota) - Presentar
un exercicio que inclúa o deseño e desenvolvemento dunha campaña de imaxe e RRPP, definida
polo equipo docente (10% da nota) Obtendo a cualificación mínima de
aprobado (5) en todos e cada un deles. 4. O proceso de avaliación en
segunda oportunidade será
igual ao establecido para a avaliación global. 5. A información sobre as
probas de avaliación, o
seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a
través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumnado estar atento á
información que sexa precisa para superar a materia. |