Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Dirección de comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Nos obradoiros de habilidades profesionais e directivas proporanse tarefas que se resolverán de xeito individual ou grupal baixo as indicacións e supervisión da docente. Os documentos resultantes, entregados en tempo e forma, serán avaliados en función da súa calidade.
Na modalidade de avaliación global este elemento de avaliación e os traballos tutelados substituiranse por unha proba práctica.
15 A2
C14
D4
D5
Traballo tutelado Avaliación de dous traballos grupais, entregados en tempo e forma a través de Moovi. Tódolos/as integrantes de cada grupo deberán subir o traballo ao espazo habilitado en Moovi para poder ser avaliados/as. Se algún alumno/a non entrega o traballo na plataforma, non será avaliado/a aínda que o seu nome figure nun traballo grupal entregado por outros/as compañeiros/as.
Na modalidade de avaliación global este elemento de avaliación e os obradoiros substituiranse por unha proba práctica.
40 C12
C14
D3
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas.
Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos.
35 C1
C4
C14
D6
Observación sistemática Valorarase a asistencia nas sesións teóricas e nas sesións prácticas. No caso das sesións teóricas, descontarase 0,1 puntos por cada falta de asistencia non xustificada a partir da segunda falta (permítese unha falta non xustificada sen penalización). No caso das sesións prácticas, descontarase 0,2 puntos por cada falta de asistencia non xustificada a partir da segunda falta (permítese unha falta non xustificada sen penalización). O control de asistencia efectuarase por medio telemáticos; no caso de que se detecte nunha ocasión que un alumno/a confirma a súa asistencia sen estar presente na aula, perderá a puntuación completa deste epígrafe. A participación dase por suposta no caso de asistencia, aínda que se o profesorado detecta alumnado realizando actividades que non corresponden á materia (tarefas doutras materias, redes sociais, whatsapp…) poderá descontar a puntuación desa sesión.
Na modalidade de avaliación global este elemento de avaliación substituirase por unha proba de desenvolvemento coa mesma puntuación.
10 A2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Para superar a materia na modalidade de avaliación continua será necesario obter unha puntuación total mínima de 5 puntos entre as catro actividades avaliables. O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo), volvendo a entregar aquelas tarefas non entregadas ao longo do cuadrimestre ou nas que non obtivera unha cualificación satisfactoria. Tamén poderá repetir o exame tipo test, coa finalidade de acadar entre tódolos elementos avaliables a puntuación mínima esixida (5 puntos). A puntuación perdida no apartado de observación sistemática non será recuperable en xullo nesta modalidade. No caso de que non se presente algunha tarefa ou non se repita o exame tipo test, entenderase que o alumno/a desexa conservar a cualificación obtida na primeira edición para dito elemento avaliable.

O alumnado que non supere a materia  na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


AVALIACIÓN GLOBAL:

O alumnado que opte polo procedemento de avaliación global contará con tres elementos de avaliación:

1. Proba tipo test sobre os contidos teóricos da materia na data oficial do exame da materia. Valoración máxima: 3,5 puntos.

2. Proba de desenvolvemento sobre os contidos da materia na data oficial do exame. Valoración máxima: 1 punto.

3. Proba de tipo práctico na data oficial do exame. Valoración máxima: 5,5 puntos.

Para superar a materia será necesario:

- Obter unha puntuación mínima de 1 punto na proba tipo test.

- Obter unha puntuación mínima de 1 punto na proba práctica.

- Obter unha puntuación total mínima de 5 puntos.

O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo). O alumnado que o desexe poderá conservar a cualificación obtida na primeira edición na proba tipo test, na proba de desenvolvemento ou na proba práctica, sempre e cando sexa igual ou superior ao mínimo establecido. Igualmente, deberá cumprir o requisito de sumar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.

O alumnado que non supere a materia na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000