AVALIACIÓN CONTINUA: Para superar a materia na modalidade de avaliación continua será necesario obter unha puntuación total mínima de 5 puntos entre as catro actividades avaliables. O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo), volvendo a entregar aquelas tarefas non entregadas ao longo do cuadrimestre ou nas que non obtivera unha cualificación satisfactoria. Tamén poderá repetir o exame tipo test, coa finalidade de acadar entre tódolos elementos avaliables a puntuación mínima esixida (5 puntos). A puntuación perdida no apartado de observación sistemática non será recuperable en xullo nesta modalidade. No caso de que non se presente algunha tarefa ou non se repita o exame tipo test, entenderase que o alumno/a desexa conservar a cualificación obtida na primeira edición para dito elemento avaliable. O alumnado que non supere a materia na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
AVALIACIÓN GLOBAL:
O alumnado que opte polo procedemento de avaliación global contará con tres elementos de avaliación:
1. Proba tipo test sobre os contidos teóricos da materia na data oficial do exame da materia. Valoración máxima: 3,5 puntos.
2. Proba de desenvolvemento sobre os contidos da materia na data oficial do exame. Valoración máxima: 1 punto.
3. Proba de tipo práctico na data oficial do exame. Valoración máxima: 5,5 puntos.
Para superar a materia será necesario:
- Obter unha puntuación mínima de 1 punto na proba tipo test.
- Obter unha puntuación mínima de 1 punto na proba práctica.
- Obter unha puntuación total mínima de 5 puntos.
O alumnado que non supere a materia na primeira edición, terá a opción de facelo na edición de recuperación (xullo). O alumnado que o desexe poderá conservar a cualificación obtida na primeira edición na proba tipo test, na proba de desenvolvemento ou na proba práctica, sempre e cando sexa igual ou superior ao mínimo establecido. Igualmente, deberá cumprir o requisito de sumar unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia.
O alumnado que non supere a materia na segunda edición deberá cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.
|