Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Avaliación da eficacia publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e aproveitamento das sesións de seminario. 25 B3
C1
C2
C9
C15
D3
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de actividades que permitan aos alumnos/as, traballando en equipo, a realizar proxectos e resolver problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais. 35 B3
C1
C2
C8
C9
C15
D3
Exame de preguntas obxectivas Exame final sobre os contidos das materias. Durante o curso podense realizar probas obxectivas avaliables.
40 B3
C1
C2
C9
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTÍNUA E ASISTENCIA

A materia levarase a cabo por avaliación continua,
mediante un conxunto de probas ou actividades realizadas ao longo
do período formativo que permitan valorar o progreso de cada
estudante ao longo de devandito período, debendo superar todos os
exercicios teórico e/ou prácticos que leven a cabo durante o curso.
O profesorado pode acordar a realización dalgunha tarefa e/ou
entrega de traballos para superar as probas teórico/prácticas que
teña pendente o alumnado.

A formación é presencial, polo que a asistencia a clase é
obrigatoria. O profesorado pasará lista de asistencia de xeito
regular ou aleatorio, coa finalidade de comprobar o aproveitamento e
participación do alumnado que, de ser o caso deberá xustificar as
faltas de asistencia ante o profesorado da materia ata 24 horas
despois da ausencia. Aqueles alumnos/as que teñan 3 faltas de
asistencia sen xustificar entenderanse como Non Presentados na
primeira convocatoria.

Os casos prácticos exporanse ao comezo das sesións prácticas,
onde se resolverán as dúbidas e preguntas do alumno/a. Toda a clase
ten a obriga de subir os seus traballos a Moovi. A entrega dos casos
prácticos será sempre a mesma para todas as alumnas/vos, podéndose
facer ao finalizar a clase. A entrega con retardo das prácticas
suporá unha penalización na nota.

AVALIACIÓN GLOBAL

O alumnado que opte polo sistema de avaliación
global 
deberá informar ao docente coordinador da materia da
súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo e
procedemento establecido polo centro para tal fin. Non se admitirá
ningún cambio dos sistema de avaliación con posterioridade a data
marcada polo centro.

O exame ou proba de avaliación global está destinado
ao alumnado que renuncie á avaliación continua e consistirá nun
exame teórico (40%), realización e presentación dun traballo
relacionado co contido da materia e previamente acordado co docente
(30%) que deberá entregar antes da data fixada no calendario oficial
de exames, así como a resolución de exercicios ou actividades
prácticas (30%) que valoren a adquisición das competencias

2ª OPORTUNIDADE

A superación da materia na 2ª oportunidade, tanto para
as/os alumnas/os de avaliación continua como de avaliación global,
consistirá nun exame ou proba coas mesmas condicións da establecida
no parágrafo anterior, é dicir, exame teórico (40%), exercicios
prácticos (30%) e traballo práctico persoal (30%) que proporá o/a
alumno/a unha vez coñecida a nota da primeira oportunidade.

A proba de avaliación correspondente á convocatoria de fin de
carreira
realizarase mediante o mesmo sistema e baremo co establecido
para a proba de 2ª oportunidade. Non se contempla a realización de
ningunha proba de avaliación oral e tampouco, en ningún caso, se
reservan notas -teóricas ou prácticas- para a segunda oportunidade
ou seguinte curso.

TITORÍAS

As marcadas nesta guía e as que informe o profesorado en clase e
na plataforma Moovi. É responsabilidade do alumnado estar atento as
referencias e indicacións de clase e ao material que se aporte na
plataforma Moovi: información sobre probas, materiais de estudo,
apuntamentos, …

O alumnado disporá de 48 horas para revisións e ccorrección de
erros unha vez publicadas as cualificacións provisionais, dándose
por definitivas a partir de entón. No non especificado, seguiranse
as directrices do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e
a calidade da docencia aprobado no claustro da UVigo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000