Métodos e técnicas de investigación de medios e audiencias
Código
P04G190V01502
Titulación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
3
1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Comunicación audiovisual e publicidade
Coordinador/a
Rodríguez Nieto, José Octavio
Correo-e
octaviorodriguez@uvigo.es
Profesorado
López de Aguileta Clemente, Carmen
Rodríguez Nieto, José Octavio
Web
Descrición xeral
No contexto actual, dominado por profundos cambios sociais e tecnolóxicos, e unha contorna hiper-fragmentada, cada vez é máis complexo chegar ao público final dun xeito masivo e relevante. Por iso, faise máis necesario que nunca coñecer onde se atopan e como se comportan os/as consumidores/as.
O ámbito publicitario non escapa a esta realidade e para iso conta con diversas fontes, ferramentas, metodoloxías, e técnicas que o mercado pon á súa disposición e que lle axudan no seu traballo.
Esta materia pretende achegar ao alumnado ao coñecemento das principais fontes, ferramentas e técnicas utilizadas polo mercado ao longo das diferentes etapas do proceso publicitario.
Especialmente importante é profundar no coñecemento dos medios publicitarios, as súas características e a súa relación coa audiencia, xa que esta información permite afrontar e desenvolver o traballo diario das/os profesionais.