AVALIACIÓN CONTINUA
A materia lévase a cabo
por avaliación continua, mediante un conxunto de probas ou
actividades realizadas ao longo do período formativo que permitan valorar o
progreso de cada estudante ao longo de devandito período, debendo superar todos
os exercicios teórico e/ou prácticos que leven a cabo durante o curso. Ao longo do
curso poden realizarse probas e traballos teóricos e
prácticos que permitan, ao tempo que coa súa participación activa, adquirir ao
alumnado os coñecementos para superar a materia. O profesorado pode acordar a realización dalgunha tarefa e/ou entrega dun traballo
para superar as probas teórico/prácticas que teñan pendente o alumnado.
Os casos prácticos
exporanse ao comezo das sesións prácticas, onde se resolverán as dúbidas e
preguntas do alumno/a. Toda a clase ten a obriga de subir os seus traballos a
Moovi. A entrega dos casos prácticos será sempre a mesma para todas as
alumnas/vos, podéndose facer ao finalizar a clase.
CONTROL DE ASISTENCIA
A asistencia as clases é obrigatoria. O profesorado pode pasar lista de asistencia de xeito regular ou aleatorio, coa finalidade de comprobar o
aproveitamento e participación do alumnado. De ser o caso, as faltas de asistencia deben xustificarse ante o profesorado da materia 24 horas despois de celebrada a clase. Os/as alumnos/as con 3 faltas de asistencia sen xustificar entenderanse
como Non Presentados na primeira convocatoria.
AVALIACIÓN GLOBAL
O alumnado que opte polo
sistema de avaliación global debe informar ao docente coordinador da materia
da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo e
procedemento establecido polo centro para tal fin. Non se admitirá ningún
cambio dos sistema de avaliación con posterioridade a data marcada polo centro.
O exame ou proba de
avaliación global está destinado ao alumnado que renuncie á avaliación
continua. O/A alumno/a que opte por este sistema debe propoñer e acordar un traballo individual relacionado coa materia co visto e prace do docente, na mesma semana na que renuncie á avaliación continua. A proposta incluirá titulo, obxectivo e metodoloxía do traballo que se entregará 48 horas antes da data fixada para o exame da materia no calendario oficial. A sua valoración suporá un 30% da nota final, que se completará cun exame teórico (40%) e a resolución de exercicios ou actividades prácticas (30%) que valoren a
adquisición das competencias
2ª OPORTUNIDADE
A superación da materia
na 2ª oportunidade, tanto para as/os alumnas/os de avaliación continua como
de avaliación global, consistirá nun exame ou proba coas mesmas condicións da
establecida no parágrafo anterior, é dicir, exame teórico (40%), exercicios
prácticos (30%) e traballo práctico persoal sobre a materia que se propoñerá ao docente unha vez coñecida a nota da primeira oportunidade (30%).
A proba de avaliación correspondente
á convocatoria de fin de carreira realizarase mediante o mesmo sistema e
baremo co establecido para a proba de 2ª oportunidade.
Non se contempla a
realización de ningunha proba de avaliación oral e non se
reservan notas -nin teóricas nin prácticas- para a segunda oportunidade ou seguinte
curso.
TITORÍAS
As marcadas nesta guía e
as que informe o profesorado en clase e na plataforma Moovi.
É responsabilidade do
alumnado estar atento as referencias e indicacións de clase e ao material que
se aporte na plataforma Moovi: información sobre probas, materiais de estudo,
apuntamentos, ...
O alumnado disporá de 48 horas
para revisións e ccorrección de erros unha vez publicadas as cualificacións
provisionais, dándose por definitivas a partir de entón. No non especificado,
seguiranse as directrices do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e
a calidade da docencia aprobado no claustro da UVigo. |