Guia docente 2024_25
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Métodos e técnicas de investigación de medios e audiencias
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Nos talleres ou seminarios terase en conta a asistencia, aproveitamento e participación activa do alumnado. 10 A2
A3
D3
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do curso poderán realizarse probas tipo test, cuestionario ou semellantes para resolución de exercicios/problemas e valorar a evolución na aprendizaxe e adquisición de coñecementos do alumnado. 30 C3
C8
C9
Práctica de laboratorio Ao longo do curso proporanse diversos probas ou traballos de carácter practico que discorrerán en paralelo á exposición teórica da materia.
Estas probas teñen como obxecto principal que o alumno aplique os coñecementos teóricos abordados nas sesións maxistrais mediante a resolución de casos prácticos
40 A2
A3
B3
C3
C9
C12
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia.
O alumno/a debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.
20 A3
C8
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA



A materia lévase a cabo
por avaliación continua, mediante un conxunto de probas ou
actividades realizadas ao longo do período formativo que permitan valorar o
progreso de cada estudante ao longo de devandito período, debendo superar todos
os exercicios teórico e/ou prácticos que leven a cabo durante o curso.

Ao longo do
curso
poden realizarse probas e traballos teóricos e
prácticos que permitan, ao tempo que coa súa participación activa, adquirir ao
alumnado os coñecementos para superar a materia. O profesorado pode acordar a realización dalgunha tarefa e/ou entrega dun traballo
para superar as probas teórico/prácticas que teñan pendente o alumnado.



Os casos prácticos
exporanse ao comezo das sesións prácticas, onde se resolverán as dúbidas e
preguntas do alumno/a. Toda a clase ten a obriga de subir os seus traballos a
Moovi. A entrega dos casos prácticos será sempre a mesma para todas as
alumnas/vos, podéndose facer ao finalizar a clase.



CONTROL DE ASISTENCIA



A asistencia as clases é obrigatoria. O profesorado pode pasar lista de asistencia de xeito regular ou aleatorio, coa finalidade de comprobar o
aproveitamento e participación do alumnado. De ser o caso, as faltas de asistencia deben xustificarse ante o profesorado da materia 24 horas despois de celebrada a clase. Os/as alumnos/as con 3 faltas de asistencia sen xustificar entenderanse
como Non Presentados na primeira convocatoria.



AVALIACIÓN GLOBAL



O alumnado que opte polo
sistema de avaliación global debe informar ao docente coordinador da materia
da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo e
procedemento establecido polo centro para tal fin. Non se admitirá ningún
cambio dos sistema de avaliación con posterioridade a data marcada polo centro.



O exame ou proba de
avaliación global
está destinado ao alumnado que renuncie á avaliación
continua. O/A alumno/a que opte por este sistema debe propoñer e acordar un traballo individual relacionado coa materia co visto e prace do docente, na mesma semana na que renuncie á avaliación continua. A proposta incluirá titulo, obxectivo e metodoloxía do traballo que se entregará 48 horas antes da data fixada para o exame da materia no calendario oficial. A sua valoración suporá un 30% da nota final, que se completará cun exame teórico (40%) e a resolución de exercicios ou actividades prácticas (30%) que valoren a
adquisición das competencias



2ª OPORTUNIDADE



A superación da materia
na 2ª oportunidade
, tanto para as/os alumnas/os de avaliación continua como
de avaliación global, consistirá nun exame ou proba coas mesmas condicións da
establecida no parágrafo anterior, é dicir, exame teórico (40%), exercicios
prácticos (30%) e traballo práctico persoal sobre a materia que se propoñerá ao docente unha vez coñecida a nota da primeira oportunidade (30%).



A proba de avaliación correspondente
á convocatoria de fin de carreira realizarase mediante o mesmo sistema e
baremo co establecido para a proba de 2ª oportunidade.   



Non se contempla a
realización de ningunha proba de avaliación oral e non se
reservan notas
-nin teóricas nin prácticas- para a segunda oportunidade ou seguinte
curso.



TITORÍAS



As marcadas nesta guía e
as que informe o profesorado en clase e na plataforma Moovi.



É responsabilidade do
alumnado estar atento as referencias e indicacións de clase e ao material que
se aporte na plataforma Moovi: información sobre probas, materiais de estudo,
apuntamentos, ...



O alumnado disporá de 48 horas
para revisións e ccorrección de erros unha vez publicadas as cualificacións
provisionais, dándose por definitivas a partir de entón.

No non especificado,
seguiranse as directrices do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e
a calidade da docencia aprobado no claustro da UVigo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000