AVALIACIÓN CONTINUA
A materia levarase a cabo
por avaliación continua, mediante un conxunto de probas ou
actividades realizadas ao longo do período formativo que permitan valorar o
progreso de cada estudante ao longo de devandito período, debendo superar todos
os exercicios teórico e/ou prácticos que leven a cabo durante o curso. Ao longo do
curso realizaranse probas e traballos teóricos e
prácticos que permitan, ao tempo que coa súa participación activa, adquirir ao
alumnado os coñecementos para superar a materia. Aquelas persoas que teñan
pendente algunha proba teórico/práctica poderán superala cunha proba final a realizar
na mesma data e hora oficial do exame global. O profesorado tamén poderá
acordar previamente a realización dalgunha tarefa e/ou entrega dun traballo
para superar a parte práctica da materia.
Os casos prácticos
exporanse ao comezo das sesións prácticas, onde se resolverán as dúbidas e
preguntas do alumno/a. Toda a clase ten a obriga de subir os seus traballos a
Moovi. A entrega dos casos prácticos será sempre a mesma para todas as
alumnas/vos, podéndose facer ao finalizar a clase.
CONTROL DE ASISTENCIA
A asistencia as clases
prácticas é obrigatoria. O profesorado pasará lista de cando en vez da asistencia
a clases teóricas, de xeito aleatorio, coa finalidade de comprobar o
aproveitamento e participación do alumnado que, de ser o caso deberá xustificar
as faltas de asistencia ante o profesorado da materia unha semana despois da súa
ausencia. Aqueles alumnos/as que teñan 3 faltas de asistencia sen xustificar entenderanse
como Non Presentados na primeira convocatoria.
AVALIACIÓN GLOBAL
O alumnado que opte polo
sistema de avaliación global deberá informar ao docente coordinador da materia
da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo e
procedemento establecido polo centro para tal fin. Non se admitirá ningún
cambio dos sistema de avaliación con posterioridade a data marcada polo centro.
O exame ou proba de
avaliación global está destinado ao alumnado que renuncie á avaliación
continua e consistirá nun exame teórico (40%), realización e presentación dun
traballo relacionado co contido da materia e previamente acordado co docente (30%)
que deberá entregar antes da data fixada no calendario oficial de exames, así
como a resolución de exercicios ou actividades prácticas (30%) que valoren a
adquisición das competencias
2ª OPORTUNIDADE
A superación da materia
na 2ª oportunidade, tanto para as/os alumnas/os de avaliación continua como
de avaliación global, consistirá nun exame ou proba coas mesmas condicións da
establecida no parágrafo anterior, é dicir, exame teórico (40%), exercicios
prácticos (30%) e traballo práctico persoal (30%).
A proba de avaliación correspondente
á convocatoria de fin de carreira realizarase mediante o mesmo sistema e
baremo co establecido para a proba de 2ª oportunidade.
Non se contempla a
realización de ningunha proba de avaliación oral e tampouco, en ningún caso, se
reservan notas -teóricas ou prácticas- para a segunda oportunidade ou seguinte
curso.
TITORÍAS
As marcadas nesta guía e
as que informe o profesorado en clase e na plataforma Moovi.
É responsabilidade do
alumnado estar atento as referencias e indicacións de clase e ao material que
se aporte na plataforma Moovi: información sobre probas, materiais de estudo,
apuntamentos, ...
O alumnado disporá de 48 horas
para revisións e ccorrección de erros unha vez publicadas as cualificacións
provisionais, dándose por definitivas a partir de entón. No non especificado,
seguiranse as directrices do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e
a calidade da docencia aprobado no claustro da UVigo. |