Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Redacción e locución publicitaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición da materia teórica con quendas de preguntas e debate no caso de que a materia sexa susceptible.
aproveitaremos tamén as clases para coñecer diariamente noticias da actualidade publicitaria e novidades dos medios de comunicación xa que a cambiante converxencia dos medios audiovisuais fai obrigatorio o coñecemento pormenorizado de todas as novidades que se vaian producindo.
Seminario Análise e comentarios sobre diferentes cuñas e pezas de audio atendendo á súa estrutura, narrativa e aos recursos técnicos utilizados.
Prácticas de laboratorio Traballos nos laboratorios de radio para a elaboración de pezas sonoras en grupos. O traballo constará de redacción do texto, produción, edición e exposición de traballo con ampla explicación argumentada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000