A materia ten como obxectivo ofrecer ao alumnado unha visión pormenorizada sobre a organización e funcionamento dunha empresa de publicidade. Analizaranse os distintos tipos e modelos de axencia, así como todos aqueles aspectos relativos ao seu funcionamento e as súas relacións, tanto interdepartamentais, como con outros suxeitos que participan activamente nas estruturas do negocio da publicidade.