Guia docente 2024_25
Facultad de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Estruturas e actividade da axencia publicitaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Asistencia e participación nas clases. Análise, exercicios e debates sobre os diferentes modelos estructurais de axencia e os procedementos de traballo dentro delas. 20 C10
C15
D2
D3
D5
D6
Estudo de casos Valoración dos diferentes traballos prácticos (mínimo 3) que desenvolva o alumnado, así como exposición e defensa publica dos mesmos. 40 C10
C15
D2
D3
D5
D6
Lección maxistral Examen teórico sobre os contidos expostos en las clases maxistrais ao finalizar o cuadrimestre. 40 C4
C10
C15
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Para a superación da materia co sistema de avaliación continua arriba descrito, será necesaria a entrega, presentación e exposición de todos os traballos e exercicios, obtendo unha cualificación mínima de aprobado (5) en cada un deles, e seguindo os temas, prazos e condicións establecidas polo equipo docente. Ademais, será obrigatoria a asistencia ás clases (só se permitirán un máximo de 2 faltas sen xustificar en todo o cuadrimestre).

2. No caso de que o alumnado queira optar á avaliación global deberá presentar a súa renuncia á avaliación continua dentro do prazo e seguindo o procedemento establecido polo centro.

3. Descrición da avaliación global:

Na data oficial establecida polo centro para o exame final, o alumnado deberá:

- Realizar un exame teórico, definido polo equipo docente (60% da nota)

- Resolver un suposto práctico, definido polo equipo docente (20% da nota)

- Entregar un traballo consistente na creación e desenvolvemento dunha presentación de axencia co perfil definido polo equipo docente (10% da nota)

- Presentar un exercicio que inclúa o análise do briefing, creación, desenvolvemento e xustificación dun concepto de marca ou campaña definida polo equipo docente (10% da nota)

Obtendo a cualificación mínima de aprobado (5) en todos e cada un deles.

4. O proceso de avaliación en segunda oportunidade será igual ao establecido para a avaliación global.

5. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, datas e canles de entrega será detallada nas clases e a través da plataforma Moovi. E responsabilidade do alumnado estar atento á información que sexa precisa para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000