A mensaxe é a base da comunicación publicitaria. É aquela idea que nos permite acadar os obxectivos de comunicación. Aquel reclamo que capta a atención das audiencias. Aquela situación que nos alcanza e fai que recordemos os anuncios e sexamos capaces de asocialos cunha marca concreta.
E, para facelo, utilízanse palabras, imaxes, símbolos e sons. Elementos que se analizan nesta materia a fin de afianzar as competencias publicitarias do alumnado.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán
solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.