Código |
Descrición |
B1 |
Competencias interpretativa e operativa da comunicación como realidade e como campo de estudo desde o punto de vista humanístico e técnico: coñecemento teórico da comunicación. |
C9 |
Coñecemento das estratexias de comunicación e o seu desenvolvemento creativo, aplicables en todo tipo de organizacións, así como das metodoloxías necesarias para a súa análise, auditoría e avaliación. |
C12 |
Destrezas analítico-sintéticas: capacidade e habilidade para establecer a estratexia, planificación e procesos propios da comunicación publicitaria e das relacións públicas. |
C13 |
Destrezas expresivas: capacidade e habilidade para dar forma creativa á mensaxe. Realización de pezas publicitarias básicas e supervisión da súa produción definitiva. |
D1 |
Competencias interpretativas da comunicación: capacidade de recoñecer implicacións éticas en decisións profesionais. |
D2 |
Competencias creativas: capacidade para a creatividade, a innovación e a adaptación ao cambio. |