Guia docente 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Administración pública e análise estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos exercicios propostos na parte de Administración Pública, para o que deberán entregarse no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. 10 B3
C2
C14
Prácticas de laboratorio Avaliarase a asistencia e participación do alumnado nas clases interactivas na aula de informática da parte de Análise Estatística, así como a resolución de forma presencial nas referidas clases dos exercicios propostos e a súa entrega antes do remate de cada clase. 10 A3
B3
C14
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliaranse as competencias adquiridas polo alumnado na parte de Análise Estatística, mediante a resolución das cuestións que se propoñan no exame desta parte. 40 A3
B3
Exame de preguntas obxectivas Avaliaranse as competencias adquiridas polo alumnado na parte de Administración Pública, mediante a resolución das cuestións que se propoñan no exame desta parte. 40 B3
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia divídese en dous partes:

  • A primeira parte, Análise Estatística,
    comprende os temas 1-5. Impartirase dende o inicio do período docente do
    primeiro cuadrimestre ata o 28 de outubro de 2024 (incluído).
  • A segunda parte, Administración Pública,
    comprende os temas 6-9. Impartirase dende o 29 de outubro de 2024 (incluído)
    ata o final do período docente do primeiro cuadrimestre.

Establécense dous sistemas de avalación: avaliación
continua e avaliación global. En ambas as modalidades de avaliación, a docencia
é presencial, polo que nas sesións de clase se facilitarán as explicacións dos
contidos e o material. Na plataforma Moovi, proporcionarase información sobre
os exames/probas de avalición e sobre o contido desta materia, pero é
responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como
recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa
para superar a materia. Para solicitar atención personalizada mediante titoría,
a/o estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico á/ao docente,
co asunto "Titoría". A/O docente indicaralle a data e a hora
asignadas á titoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo
electrónico. Nos exames e probas desta materia non se permitirá o uso de
auriculares, nin de dispositivos con capacidade de acceso a internet. Tampouco
se poderán utilizar calculadoras programables, nin calculadoras con capacidade
gráfica.

A avaliación por defecto para cada estudante, na
primeira oportunidade desta materia, é a avaliación continua. Para que unha/un
estudante poda optar á avaliación global nesta materia na primeira
oportunidade, deberá renunciar ao sistema de avaliación continúa nesta materia
e adherirse ao sistema de avaliación global nesta materia, de acordo co
procedemento e prazos establecidos polo centro. A avaliación para cada
estudante, na segunda oportunidade e posteriores desta materia, farase mediante
avaliación global.

Para a realización dos exames/probas
desta materia que teñan lugar na data que se estableza no calendario oficial de
exames de cada convocatoria, la/el estudante deberá dispoñer de 4 horas para a
súa realización, contadas a partir da hora oficial de inicio establecida para o
exame desta materia.

A) Primeira oportunidade

A1) Avaliación continua
(100%): En caso de non renunciar á avaliación continua, a/o estudante
deberá realizar as actividades e probas que se indican a
continuación:

  • Resolución de problemas: Terán un peso total
    do 10% na nota final da materia. Para que unha/un estudante poda optar á
    puntuación máxima neste apartado, deberá resolver de forma correcta os
    exercicios que se propoñan na parte de Administración Pública e entregalos no
    prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial.
  • Prácticas de laboratorio: Terán un peso total
    do 10% na nota final da materia. Para que unha/un estudante poda optar á
    puntuación máxima neste apartado, deberá asistir como mínimo ao 85% das horas
    de clases interactivas da parte de Análise Estatística e resolver presencialmente
    na aula e de forma correcta os exercicios que se propoñan, así como entregalos
    antes do remate de cada clase. Se unha/un estudante non acada o 100% da nota
    desta actividade por non ter asistido ao mínimo de horas indicado, por causas
    xustificadas e debidamente acreditadas, poderá optar a realizar a proba de
    resolución de exercicios prácticos da parte de Análise Estatística, que se fará
    na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.
    Nesta proba, a/o estudante deberá aplicar os programas informáticos utilizados
    nas prácticas de laboratorio e a nota que se lle asigne á/ao estudante nesta
    proba será a súa nota final nas prácticas de laboratorio nesta convocatoria.
  • Exame de preguntas de desenvolvemento da
    parte de Análise Estatística: Terá un peso total do 40% na nota final da
    materia. Realizarase este exame na última sesión de clase desta parte da
    materia. Despois de realizarse e avaliarse este exame, unha/un estudiante poderá
    volver a facelo, na data que se estableza no calendario oficial de exames desta
    convocatoria. Nese caso, a nota que se lle asigne á/ao estudante neste último
    exame será a súa nota final no exame desta parte da materia nesta
    convocatoria.
  • Exame de preguntas obxectivas da parte de
    Administración Pública: Terá un peso do 40% na nota final da materia.
    Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames
    desta convocatoria.

Observacións sobre a avaliación
continua: De acordo co baremo establecido para esta modalidade, a cada parte da
materia se lle asigna un peso total do 50% na nota final da materia. Para que unha/un
estudante supere esta materia mediante avaliación continua, deberá acadar como
mínimo unha nota de 5 puntos sobre 10 en cada parte da materia. No caso de que unha/un
estudante obteña unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 nunha parte da materia,
pero non na outra, a nota final que recibirá na materia nesta convocatoria será
o valor mínimo destas dúas notas. No caso de que unha/un estudante obteña notas
inferiores a 5 puntos sobre 10 nas dúas partes da materia, a nota final desta
materia nesta convocatoria será o promedio de ambas notas.

A2) Avaliación global (100%): A/O
estudante deberá realizar as probas e exames que se indican a continuación:

  • Exame de preguntas de desenvolvemento da
    parte de Análise Estatística: Terá un peso do 40% na nota final da materia.
    Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames
    desta convocatoria.
  • Exame de preguntas obxectivas da parte de
    Administración Pública: Terá un peso total do 50% na nota final da materia.
    Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames
    desta convocatoria.
  • Proba de resolución de exercicios prácticos
    da parte de Análise Estatística: Terá un peso total do 10% na nota final da
    materia. Realizarase esta proba na data que se estableza no calendario oficial
    de exames desta convocatoria. Para a resolución destes exercicios prácticos,
    a/o estudante deberá aplicar os programas informáticos utilizados nas prácticas
    de laboratorio.

Observacións sobre a avaliación
global: De acordo co baremo establecido para esta modalidade, a cada parte da
materia se lle asigna un peso total do 50% na nota final da materia. Para que unha/un
estudante supere esta materia mediante avaliación global, deberá acadar como
mínimo unha nota de 5 puntos sobre 10 en cada parte da materia. No caso de que
unha/un estudante obteña unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 nunha parte da
materia, pero non na outra, a nota final que recibirá na materia nesta
convocatoria será o valor mínimo destas dúas notas. No caso de que unha/un
estudante obteña notas inferiores a 5 puntos sobre 10 nas dúas partes da
materia, a nota final desta materia nesta convocatoria será o promedio de ambas
notas.



B) Segunda oportunidade e fin de
carreira: Soamente
se contempla a modalidade de avaliación global e se utilizarán os mesmos criterios que na avaliación global da primeira
oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000