AVALIACIÓN CONTINUA Os estudantes deberán entregar os traballos seguindo as instrucións do profesor nas datas sinaladas. Nos traballos valorarase especialmente que teñan unha estructura analítica, reflexión crítica e o uso de fontes diversas con rigor académico. A nota final da asignatura será o resultado da suma das puntuacións dos traballos prácticos e o exame teórico. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. Breve descrición das probas: Proba 1. Exame teórico. Realizarase o exame teórico previsto para a materia, tanto para a avaliación global como continua. O exame será avaliado coas mesmas pautas para todo o alumnado. O exame ten un valor do 40% sobre o total da nota. Proba 2. Traballos prácticos. Facer entrega de dous traballos propostos polo docente. Cada un dos traballos (2) ten un valor máximo do 30% sobre o total da cualificación (60%). Os traballos serán entregados na data e horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e criterios de avaliación para os estudantes de avaliación global estarán disponibles a través da plataforma Moovi. O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continúa no prazo establecido polo centro, cubrindo e asinando o documento habilitado para tal fin. |