Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Comunicación escrita
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC A nota media das cualificacións obtidas na execución dos exercicios de redacción propostos nas clases prácticas suporán o 50% da nota final da materia. Para aprobar a materia é necesario a entrega de todos os exercicios propostos e a asistencia obrigatoria a clase. 50 A4
B1
C2
C13
D1
Exame de preguntas obxectivas Os contidos desenvolvidos nas horas presenciais das sesións maxistrais avaliaranse a través de probas parciais nas que será necesario obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada unha delas. Primeiro parcial: Primeira parte dos contidos teóricos. 25 A1
A4
B1
C2
Exame de preguntas obxectivas Os contidos desenvolvidos nas horas presenciais das sesións maxistrais avaliaranse a través de probas parciais nas que será necesario obter unha cualificación de 4 sobre 10 en cada unha delas. Segundo parcial: segunda parte dos contidos teóricos. 25 A1
A4
B1
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

EVALUACIÓN COTINUA DA MATERIA

Esta materia é presencial, así que a asistencia ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido polo centro é obrigatoria. Aqueles alumnos ou alumnas con más de tres probas sen xustificar non serán avaliados. 

CONVOCATORIA DE XULLO/EXTRAORDINARIA E POSTERIORES (FIN DE CARREIRA)

A forma de evaluación é igual en todas as convocatorias.

Si na primeira convocatoria non se supera unha das partes da materia, na segunda convocatoria o alumnado deberá repetir a proba desa parte da materia para optar a unha nova evaluación. Si é a parte práctica, deberá repetir todos os exercicios propostos polos docentes ao longo do curso e entregalos na data establecida polo coordinador da materia; si é a parte teórica, evaluada nos exames, deberá presentarse ao exame na data oficial da segunda convocatoria con todo o contido da materia.

Si non se aproba a materia nas convocatorias do primeiro ano de matrícula (nin na primeira nin na segunda convocatoria), o alumno ou a alumna deberán cursar novamente a materia e deberán de adaptarse á guía docente que esté vixente nese curso académico. Non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores, nin da parte teóica nin da parte práctica da materia.

EVALUACIóN GLOBAL DA MATERIA

O alumnado deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de evaluación continua no prazo establecido polo centro, achegando cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin.

A proba de evaluación global realizarase na data e hora fixada polo centro no calendario oficial de exames. O alumno ou a alumna deberá superar todas e cada unha das probas de evaluación previstas que se detallan a continuación, obtindo unha calificación máxima de 5 puntos en cada unha delas.

Breve descripción das probas globais.

Proba 1. Exame teórico. O exame teórico farase na hora sinalada como inicio da proba no calendario oficial, e terá un valor do 50% da nota total e é necesario obter unha calificación mínima de 5 puntos para aprobar esta parte. Unha calificación mais baixa non servirá coma media con outras probas. 

Proba 2. Actividade práctica. Unha vez finalizado o exame teórico e tras realizar un descanso de 15 minutos, os/as alumnos/as de evaluación continua deberán asistir á sala de prácticas habitual co docente e dispondrán de 3 horas (desde a hora de inicio da proba) para realizar tres actividades prácticas similares ás que realizaron os/as alumnos/as de evaluación continua, tres exercicios de redacción e un estudo de caso. Para superar esta parte é necesario obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 puntos en cada un dos traballos. Unha calificación mais baixa non servirá coma media con outras probas.

Dada a extensión das probas, os/as alumnos/as que realicen a evaluación global deberán dispor de 4 horas para realizalas desde a hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000