Educational guide 2024_25
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Comunicación: Teoría e técnica da imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC O alumno realizará ao longo do curso varias prácticas de maneira autónoma relacionadas co tratamento dixital de imaxes 10 B1
C5
C6
C13
D2
D3
Traballo tutelado O alumno realizará ao longo do curso 2 traballos individuais explicados en clase, tutorizados polo profesor e defendidos en clase polo alumno. Cada un deles puntuará un 20% na cualificación total. Non se puntuará si o alumno non asiste a clase o día sinalado para a súa presentación. 40 B1
B2
C5
C6
C11
C13
D2
D3
Exame de preguntas de desenvolvemento Os coñecementos teóricos avaliaranse a través dun exame de preguntas de desenvolvemento cuxa nota deberá ser igual ou superior a 4 para aprobar a materia.
O docente subirá a MOOVI materiais que servirán como referencia para o estudo básico da materia, pero as preguntas non estarán limitadas a estes documentos, senón que abarcarán a totalidade de conceptos explicados nas clases teóricas.
40 B1
B2
C2
C6
C11
D1
D2
Observación sistemática Valorarase a asistencia e participación nas clases teóricas. 10 B1
B2
C2
C6
C11
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global.
1 - Avaliación continua :

Serán aplicados as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, observación sistemática, prácticas TIC e Traballos tutelados). A cualificación final será a nota media dos 4 apartados, segundo as porcentaxes relativas explicados no apartado de Avaliación. No entanto, para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 4 no exame de preguntas de desenvolvemento . No caso dunha cualificación inferior, non se poderá compensar cos outros apartados, aínda que se conservarán as súas cualificacións para a convocatoria de xullo. Nese caso, a cualificación da materia na primeira edición será a nota do exame.

Na segunda edición (xullo) o alumno terá que mellorar a sua cualificación mediante o exame e/ou a repetición dos traballos tutelados. Terá que repetir necesariamente o exame si a sua cualificación fose inferior a 4. A repetición dos traballos será unha decisión do propio alumno. Non se re-avaliarán a Observación Sistemática nin as prácticas co asTIC.

Tamén se necesitará unha nota mínima de 4 para facer a media co resto de apartados. Caso de non alcanzala, a cualificación final será a dese exame.

Todos os detalles da estrutura do exame, enunciados dos traballos e das prácticas, calendario de entrega, criterios de corrección, asÍ como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

2 - Avaliación global -

De acordo ao establecido no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. Será unha proba única e que permitirá cualificar ao alumno entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo alumno, coa antelación e os procedementos que o Decanato da Facultade determine, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua. Devandito procedemento poderá ser consultado na plataforma MOOVI. Non se admitirán solicitudes fora do prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, tampouco se poderá desistir do mesmo.

As probas realizaránse na data e horario establecido oficialmente pola Facultade. Por regra xeral, a duración desta proba será de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o comenzo da proba) para completala.

Haberá unha parte teórica (50% da cualificación) e outra práctica (50% da cualificación). A parte teórica será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é de aplicación o explicado no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epigrafe de Avaliación da guía.

A parte práctica consistirá na creación dunha, ou varias imáxes (co software da Facultade) cos obxectivos que o enunciado da proba estableza e similares aos requiridos para os traballos tutelados da materia.

Para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 4 no exame de preguntas de desenvolvemento. No caso dunha cualificación inferior, non se poderá compensar cos outros apartados, aínda que se conservarán as cualificacións para a convocatoria de xullo. Nese caso, a cualificación da materia na primeira edición será a nota do exame.

Na segunda edición (xullo) o método será idéntico ao da primeira edición. Recuperar a parte práctica será unha opción do alumno, pero terá que repetir necesariamente o exame si a sua cualificación fose inferior a 4. Caso de non alcanzala, a cualificación final será a deste exame

Todos os detalles da estrutura do exame, material de estudo, enunciados dos traballos, criterios de corrección, así como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolveráse en base ao citado Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000