A través desta materia o alumno coñecerá que é un videoxogo, como se deseña, como se desenvolve, como se pon no mercado.
Coa finalidade de proporcionar ao alumno unha formación o máis próxima á realidade que se van a atopar no mundo profesional.
Esta materia impártese de forma colaborativa con 2 materias de Enxeniería de Telecomunicacións - Videoxogos e Realidade Virtual é Programación de Sistemas Intelixentes .
Os estudantes de ambos graos traballan de forma conxunta para poder deseñar un videoxogo.
Enfrentándose as problematicas de colaborar con perfís que proveñen de diferentes ámbitos.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.