A información sobre as
probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles
de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do
alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información
específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. AVALIACIÓN CONTINUA Será obrigatoria a
asistencia ás sesións prácticas nun 70% para cada un dos dous proxectos de que
inclúe a materia. Por debaixo desa procentaxe o dencente poderá reducir a evaluación do alumnado ata un 50% con respecto a avaliación final dos proxectos realizados en grupo. Para aprobar é necesario
conseguir alcanzar un aprobado tanto na “Estudo de casos” como na media dos proxectos
entregados. As entregas fóra de data, están suxeitos a unha redución do 50% da
cualificación dese traballo. SEGUNDA OPORTUNIDADE E
FIN DE CARRERA O alumnado que teña
aprobada algunha das partes da materia (a parte práctica: que contempla a media
dos dous proxectos ou a parte teórica: proba de Estudos de caso), poderán
conservar a nota e só terán que presentarse á parte suspensa. Para superar a materia en
segunda oportunidade será necesario aprobar o estudo de caso e/o entregar o
proxecto 1 en formato tempo real de forma individual. No caso do alumnado co
bloque práctico suspenso, propoñeráselle a realización dunha serie de
modificacións sobre o proxecto 1 mostrado, que deberá realizarse no tempo
establecido polo docente, non superior a tres horas. SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL A avaliación global da
materia comprende un bloque teórico e un práctico cunha duración global de 5
horas. Será obrigatorio aprobar cada unha das partes de cada un dos bloques
para superar a materia: O bloque teórico, cunha
duración de dúas horas, comprende análise de dúas pezas de novos medios propostos
durante o cuadrimestre e dacordo cos criterios de análise aplicados durante o
curso. Este bloque pondera un 40% da nota final. O bloque práctico, cunha
duración de 3 horas, parte dunha proposta en tempo real de apropiación dun dos
filmes propostos durante o curso xunto cunha peza de making off explicando as
decisións adoptadas e aportando material do proceso de traballo. Despois da
primeira exposición en tempo real solicitaranse cambios que deben ser aplicados
e expostos no tempo restante. Este bloque pondera un 60% da nota final. É responsabilidade do
alumnado de avaliación global acceder a Moovi para consultar as fontes de información
e académicas relativas á materia. En ningún caso terá dereito a recibir
docencia durante as sesións de titoría, que estarán encamiñadas unicamente á
resolución de dúbidas. A data da proba da
avaliación global coincidirá coas probas do exame oficial en primeira e segunda
convocatoria. |