O diálogo entre creatividade e tecnoloxía permite reflexionar tanto sobre a relación que queremos establecer coa nosa contorna como sobre as solucións para integrar espazo físico e outras realidades dixitais. Quizá por iso derívanos constantemente a reflexionar sobre a nosa responsabilidade como individuos e sociedade.
Neste escenario, a materia deCreación Audiovisual en Novos Medios pretende ser un espazo para integrar a capacidade para xerar discursos visuais en tempo real, automatizar procesos e integrar as nosas pezas audiovisuais en propostas escénicas e de intervención do espazo físico.