Avaliación Continua
- Saída de estudos: 10%
- Presentación do resultado do traballo tutelado 20%
- Práctica laboratorio 30%
- Gravación 2 programas e produto resultante 40%
A perda da avaliación continúa
- Teranse en conta as partes aprobadas da avaliación continua e o alumnado realizará a proba final das partes non superadas.
Avaliación Global
A duración da proba será de 5 horas por avaliado/a.
- Traballo práctico:
. Poderase pedir calquera das prácticas de laboratorio 20%
. Presentar una reseña dun libro da Bibliografía. 10%
- Examen teórico con desenvolvemento de tema/s. 40%
- Actividades prácticas
Gravación dun programa. Terá que aportar recursos humanos e técnicos 30%
A materia de Guión, produción e realización de programas de entretemento é eminentemente práctica,
polo que a asistencia activa é vital. Xa que a aprendizaxe complétase coa a observación da resolución de problemas do resto do alumnado. O resto
de exercicios serán especificados na aula. En
principio o alumnado que elixe a avaliación continua e supera todos os
items, poderá igualmente presentarse ao exame final, se considera a
posibilidade de subir nota.
A
segunda oportunidade, refírese ao caso da perda de avaliación continua. O
alumnado que perda a avaliación continua, poderá presentarse ao exame
final. Este efectuarase sobre as partes non superadas. Mánteñense os criterios aplicados á avaliación continua.
A Avaliación Global, que
terá que ser elixida no primeiro mes de clase, e supón a renuncia a
Avaliación continua, constará dun exame individual de 5 horas de
duración (Con periodos de descanso que se decidirán previamente). Este exame incluirá todos os traballos especificados no apartado anterior. O alumnado deberá superar todas e cada unha das probas da avaliación
previstas que se detallan a continuación obtendo unha
cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. . Prácticas de laboratorio 20% + Presentación dunha reseña dun libro da Bibliografía. 10% . Terá que ter unha cualificación mínima
5 puntos. . Exame teórico 40%. Terá que ter unha cualificación mínima de 5 puntos
. Actividade práctica: gravación 30%. Terá que ter unha cualificación mínima de 5 puntos. Unha cualificación inferior en calquera das probas non servirá como media coas outras probas. En resumo: Traballos prácticos. Valoración 20+10. 30% sobre o total da nota Exame teórico. Valoración 40% sobre o total da nota Actividades prácticas. Valoración 30% sobre o total da nota
Na segunda edición, a que corresponde aos exames de XULLO, aplicaranse os mesmos criterios. Todos
os detalles da estrutura do exame, os traballos e prácticas, calendario
de entrega, criterios de corrección, todas as características,
especificacións, así como as cualificacións, publicaranse en plataformas acordadas
Será responsabilidade do alumnado estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. |