AVALIACIÓN
CONTINUA Avaliación
baseada na participación activa do alumno e na entrega dos traballos requiridos
ao longo do curso. Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición de
competencias e coñecementos a través de probas presenciais nas datas oficiais
aprobadas polo centro Será preciso obter polo menos un 50% da puntuación total
de todas as partes avaliables para superar a materia. AVALIACIÓN
GLOBAL O alumnado
deberá informar o docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación
continúa no prazo establecido polo centro para tal fin, achegando cuberto e
asinado o documento habilitado para tal fin. A proba de
avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no
calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das
probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha
cualificación mínima do 50% en cada unha delas. Dada a extensión das probas o
alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispoñer de 4 horas para a
realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia
segundo o calendario oficial. Breve
descrición das probas Proba 1. Exame
de preguntas obxectivas. A proba ten un valor do 40% sobre o total da nota
sendo preciso obter unha cualificación mínima do 50% da mesma para aprobar esta
parte. Proba 2.
Traballo I. Realización das críticas audiovisuais a realizar na avaliación
continua seguindo as pautas definidas polo docente. O conxunto dos
traballos ten un valor do 20% sobre o total da cualificación. Debe obterse unha
cualificación mínima do 50% en cada un dos traballos para superar esta parte. Os traballos serán entregados na data e
horario do exame. O detalle dos contidos dos traballos, metodoloxías e
criterios de avaliación serán facilitados aos estudantes de avaliación global
unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa á avaliación continua. Proba 3.
Traballo
II. Realización das críticas audiovisual das obras proxectadas na materia
seguindo as pautas definidas polo docente. Ten un valor do 40% sobre o
total da cualificación. Debe obterse unha cualificación mínima do 50% para
superar esta parte. Será entregado na data e horario do exame. O detalle dos
contidos, metodoloxías e criterios de avaliación serán facilitados aos
estudantes de avaliación global unha vez finalizado o prazo de renuncia expresa
á avaliación continua. Resumo das probas e porcentaxe de valoración global
do conxunto de tarefas: Proba 1. Resolución de problemas ou exercicios. Proba
de exame. Valoración do 40% sobre o total da nota. Proba 2. Traballo I. Valoración do 20% sobre o total
da nota. Proba 3. Traballo II. Valoración do 40% sobre o total
da nota. Os estudantes deberán obter unha cualificación mínima do 50% en todas
as probas para superar a materia. A información
sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación
e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É
responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e
recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para
superar a materia. SEGUNDA
OPORTUNIDADE O sistema
de avaliación é o mesmo en todas as convocatorias. |