O alumnado deberá aprobar todas e cada unha das metodoloxías e probas descritas neste apartado para superar a asignatura. A asistencia aos seminarios é obrigatoria e a cualificación obtida neste punto ten influencia directa na cualificación individual relativa ao proxecto de Aprendizaxe-servizo. O procedemento de avaliación descrito ata este punto é válido para o alumnado que opte pola avaliación continua e cumpra coas entregas e prazos previstos ao longo do cuadrimestre. En caso de que desexe optar por avaliación global, o alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. O procedemento de avaliación global é o descrito a continuación. AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. A avaliación global consta das seguintes probas: Proba 1. Exame da materia (40%) Proba 2. Traballo de investigación proposto polo docente responsable (20%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame. Proba 3. Desenvolvemento, gravación e edición dos contidos audiovisuais requeridos dentro do marco da Aprendizaxe-servizo e presentación de portfolio (40%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. |