O obxectivo desta materia é o de proporcionar ao alumnado as habilidades e coñecementos necesarios para editar, mellorar e manipular o son nas producións audiovisuais. Os estudantes aprenden a usar software especializado para deseñar, normalizar, engadir efectos de son e mesturar creando unha experiencia auditiva envolvente. Exploraranse técnicas de deseño de son para conseguir unha calidade óptima na posprodución. Ademais, analízanse aspectos teóricos e estéticos do son no cinema e noutros medios audiovisuais, proporcionando unha comprensión completa da súa importancia narrativa e estética.