A asistencia é obrigatoria e valorarase proporcionalmente co 10% do valor total (1 punto). En cada apartado poderá haber mais dunha proba, que se irán secuenciando ao longo do curso. Será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas (incluida a asistencia e a participación) para poder facer a media entre os distintos elementos de avaliación. No caso de supender algún das partes e ter que acudir á convocatoria de xullo manterase a nota das partes superadas ou aprobadas. (excepto a asistencia e participación). Será necesario realizar todos os traballos e proxectos para superar a asignatura. O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global. 1- Avaliación continua: Aplicaranse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Prácticas TIC, estudo de caso e Traballo tutelado). A
nota final será a nota media dos 4 apartados, segundo as súas porcentaxes relativas. Conservaranse as cualificacións das
partes aprobadas para a convocatoria de xullo. Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios. Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de
corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a
esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. 2 - Avaliación global De conformidade co disposto no Regulamento de avaliación, cualificación e calidade docente
e no proceso de aprendizaxe do alumnado, o estudante que non opte pola modalidade de avaliación continua terá
dereito a unha proba global nas datas que determine a Facultade. Será unha única proba que permitirá ao alumno cualificar
entre 0 e 10, igual que na avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo estudante, con
antelación e cos trámites que determine o Decano da Facultade, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións
obtidas pola modalidade de avaliación continua. O devandito procedemento pódese consultar na plataforma MOOVI. Non se
admitirán solicitudes transcorrido o prazo establecido e, unha vez recoñecido o dereito, non se poderá desistir do mesmo. As probas realizaranse na data e hora oficialmente establecidas pola Facultade. Como norma xeral, a duración desta proba
oficial é de dúas horas. Para a avaliación global, cada alumno necesitará 3 horas adicionais (5 desde o inicio da proba) para
realizala. Constará do seguinte: 1º - Exame teórico (20% da nota). Será similar á da modalidade de avaliación continua, polo que é aplicable o que se
explica no apartado de Exame de preguntas de desenvolvemento do epígrafe de Avaliación da guía. 2º - Traballo final (40% da nota). Tamén será similar á proposta na avaliación continua. O alumno entregarao o día da
proba final de avaliación. 3º - Prácticas (40% da nota). Realización dunha postprodución de son que se realizará empregando os medios e os espazos da Facultade. Esta proba realizarase despois do exame teórico e terá
unha duración máxima de 3 horas. A nota final será a nota media das 3 partes, segundo as súas correspondentes porcentaxes. Conservarase a cualificación
das partes aprobadas para a edición de xullo (excepto a asistencia). Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios.
Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de
corrección, así como as cualificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a
esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e
calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado.
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |