A materia ten como obxectivo achegar ao estudante aos métodos creativos, con especial referencia á comunicación publicitaria en formatos audiovisuais. Deste xeito, traballarase nos procesos que permiten o desenvolvemento da creatividade, nas habilidades precisas no perfil profesional para poder aplicalo e, finalmente, en poder desenvolver os produtos creativos deseñados.