OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA - O alumnado deberá aprobar cada unha das dúas partes para superar a materia cun 50%: a práctica (formada por dous proxectos, os estudos de caso e as presentacións, nun total de 70%) e a parte teórica, que se formula nun exame (que suma o 30%). - O exame terá lugar unicamente nas datas oficiais aprobadas polo centro. A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindible asistir ás sesións prácticas. - Tomarase nota da asistencia das alumnas e dos alumnos a todas as sesións prácticas. Aquelas ou aqueles con un 25% ou máis de faltas de asistencia non serán avaliados nesa parte práctica. - As faltas de asistencia deberán ser xustificadas no momento (no período dun máximo dunha semana desde que se produza esa falta). Non se aceptarán xustificantes de asistencia ao final do cuadrimestre. - Aquelas alumnas ou alumnos que, por causas xustificadas, non poidan acudir ás clases con regularidade deberán optar polo sistema de avaliación global. - Non se aceptarán proxectos entregados ao final do curso sen ter as sesións de tutorización obrigatorias coa docente. - Non serán avaliados aqueles traballos entregados fóra da data establecida. - Todos os membros dos grupos de traballo terán a mesma cualificación nos traballos entregados, excepto nos casos en que non se asista a algunha das sesións prácticas nas que se realice un traballo de aula ou se solicite unha entrega nesa sesión e non se dispoña de xustificante para a ausencia. Descontarase, neses casos, unha porcentaxe representativa en función do número de faltas de asistencia. - O sistema de avaliación para a segunda convocatoria ou convocatoria de fin de carreira será o mesmo que para a convocatoria propia do cuadrimestre, coa excepción de que, en caso de suspenderse a parte práctica, os traballos serán realizados de forma individual. INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL: - O sistema de avaliación global aplicarase áquel ou áquela alumnas que de forma expresa renuncien ao sistema de avaliación continua, recomendado para cursar esta materia. - Esta renuncia debe facerse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado na Xunta de Facultade de Comunicación e despois de informar á docente. - O sistema de avaliación global estará composto polo exame oficial de carácter teórico (30%), un exame de carácter práctico (20%) e a entrega dos proxectos da materia, que se realizarán de forma individual. O Proxecto 1 consistirá na creación dun dossier de venda para unha obra audiovisual (20%) e o Proxecto 2 centrarase na creación dunha campaña de comunicación para o lanzamento da dita obra audiovisual (20%). Ambos proxectos serán defendidos nunha presentación oral en formato pitching (audiovisual e publicitario) na data oficial do exame (10% da nota). - Deberanse aprobar cada unha das probas por separado para poder superar a materia. - As probas da avaliación global só se realizarán na data oficial aprobada polo centro. - As probas centradas nos proxectos non se recollerán fóra dessa data oficial. - Non se ofrecerán sesións de tutorización que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais. - Non se ofrecerá material adicional ao incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para aqueles alumnos ou alumnas que renuncien ao sistema de avaliación continua. |