Código |
Descrición |
B3 |
Aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe. |
B4 |
Expoñer os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación. |
B5 |
Coñecer os valores constitucionais, principios éticos e normas deontolóxicas aplicables á comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas. |
B6 |
Traballar en equipo e comunicar as propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio. |
C6 |
Coñecer a historia e características da animación e a súa aplicación nos medios dixitais |
C8 |
Recrear o ambiente sonoro dunha produción audiovisual |
C16 |
Coñecer e aplicar as tecnoloxías audiovisuais (fotografía, cinema, radio, televisión e multimedia) en función das súas capacidades expresivas. |
C18 |
Capacidade para levar a cabo a gravación, composición, edición e postproducción de produtos audiovisuais. |
D1 |
Comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D2 |
Comunicar por oral e por escrito na legua galega. |
D3 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |
D4 |
Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, empresariais ou organigramas laborais |