Código |
Descrición |
B1 |
Coñecer as características esenciais da comunicación, os seus elementos e os seus resultados. |
B3 |
Aplicar técnicas e procedementos da composición da imaxe aos diferentes soportes audiovisuais, a partir do coñecemento das leis clásicas e dos movementos estéticos e culturais da historia da imaxe. |
B4 |
Expoñer os resultados dos traballos académicos de maneira escrita, oral ou por medios audiovisuais ou informáticos de acordo aos canons das disciplinas da comunicación. |
B5 |
Coñecer os valores constitucionais, principios éticos e normas deontolóxicas aplicables á comunicación audiovisual, en especial as relativas á igualdade de homes e mulleres, á non discriminación de persoas con discapacidade e ao uso non sexista da imaxe feminina nos medios de comunicación de masas. |
C18 |
Capacidade para levar a cabo a gravación, composición, edición e postproducción de produtos audiovisuais. |
C20 |
Escribir con fluidez guións para os diferentes formatos audiovisuais |
C21 |
Coñecer e aplicar as técnicas e procesos de produción e realización audiovisual nos formatos e soportes contemporáneos. |