A información sobre as
probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles
de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do
alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información
específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. AVALIACIÓN CONTINUA Será obrigatoria a
asistencia ás sesións prácticas nun 70% para cada un dos tres proxectos de
montaxe que inclúe a materia. De non cumprirse con estes mínimos os docentes poderán aplicar una reducción na nota final dos proxectos de ata un 50%. Os traballos de análise cinematográfica entregados fora da data límite terán una puntuación de 0. Para aprobar é necesario
conseguir alcanzar un 5 tanto na “Exame de preguntas obxectivas” como na
media dos traballos entregados. Só se fai media nos traballos entregados cando
se aproba o proxecto 2. As entregas fóra de data, con erros en formato ou
nomenclatura do arquivo están suxeitos a unha redución do 50% da cualificación
dese traballo. O “Exame de preguntas
obxectivas” poderá estar composta por contidos técnicos ou narrativos. Aquel alumnado que termine satisfactoriamente os exercicios avaliables
necesarios para superar a materia, terá actividades de mellora para
poder elevar a súa nota ou ampliar coñecementos. Os exercicios en si
poden ser: - Montaxe de material bruto de ficción facilitada polo/a docente - Realización dunha actividade de montaxe recut - Edición de peza televisiva facilitada polo/a docente aplicando os recursos narrativos e estruturais da edición televisiva - Calquera outra actividade relacionada coa montaxe que se pacte entre o alumnado e o profesorado. SEGUNDA OPORTUNIDADE E
FIN DE CARRERA Os alumnos que teñan
aprobada algunha das partes da materia (a parte práctica: que contempla a media
dos tres proxectos e a parte teórica: os traballos de análise e a proba test), poderán conservar a nota e só terán que
presentarse á parte suspensa. Para superar a materia en
segunda oportunidade será necesario aprobar o exame de preguntas obxectivas e/o
entregar os proxectos prácticos que os docentes consideren que deben repetirse, independentemente de se están aprobados ou non, incluindo as análisis cinematográficas desenvolvidas durante o curso se algunha está suspensa. No caso
do alumnado co bloque práctico suspenso, o día do examen oficial propoñeráselle a realización dunha
serie de modificacións sobre o proxecto 2 entregado, que deberá realizarse no
tempo establecido polo docente, non superior a tres horas. SISTEMA DE AVALIACIÓN
GLOBAL A avaliación global da
materia comprende un bloque teórico e un práctico cunha duración global de 5
horas. Será obrigatorio aprobar cada unha das partes de cada un dos bloques
para superar a materia: O bloque teórico, cunha
duración de dúas horas, comprende unha parte técnica, mediante a realización
dun exame tipo test e unha parte narrativa, mediante a análise da montaxe dunha
das películas propostas durante o cuadrimestre e dacordo cos criterios de
avaliación aplicados durante o curso. Este bloque pondera un 40% da nota final. O bloque práctico, cunha
duración de 3 horas, parte da entrega de dous traballos. O primeiro,
correspondente co proxecto 1 da materia, debe mostrarse en formato editable da
plataforma Davinci o día da proba e exportarse ao comezo da mesma previa
realización de modificacións leves. O resto da proba práctica dedicarase á
realización de modificacións achegadas polo docente sobre un proxecto 2 da
materia que se debe traer tamén montado e posproducido de vídeo e audio na
plataforma Davinci. O docente propoñerá a realización dunha batería de cambios
sobre a montaxe que debe de realizarse dentro dos tempos asignados á proba. O bloque práctico pondera un 60% da nota final. É responsabilidade do
alumnado de avaliación global acceder a Moovi para consultar as fontes de de
información e académicas relativas á materia. En ningún caso terá dereito a
recibir docencia durante as sesións de titoría, que estarán encamiñadas
unicamente á resolución de dúbidas. A data da proba da
avaliación global coincidirá coas probas do exame oficial en primeira e segunda
convocatoria. |