Resolución de problemas |
Entrega de prácticas de escrita. O profesor especificará as actividades prácticas que son avaliables. Ó longo do curso iranse valorando as actividades escritas (exercicios, pequenos traballos, ensaios) que se vaian entregando.
|
20 |
A1
|
B4 B5
|
C1
|
D2 D3 D4
|
Traballo tutelado |
Traballo de curso. Escolla dun tema relacionado con algún dos contidos da materia e elaboración grupal dun traballo de análise que será presentado de xeito oral na aula.
Valorarase esta exposición oral, o proceso de investigación e o resultado final. Terase en conta a forma e presentación (grafismo, ilustracións), a organización e os contidos, as fontes e referencias usadas, a calidade dos argumentos e o coidado da lingua. |
30 |
A1
|
B4 B7
|
C1
|
D2
|
AVALIACIÓN CONTINUA Farase una avaliación continua a través
do seguimento
do alumno nos traballos da aula e de exercicios fóra da aula, da exposición de traballos e a
realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa
competencia
escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos.
A detección de plaxio nalgún dos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua. AVALIACIÓN GLOBAL O
alumnado que non siga a avaliación continua terá que superar unha proba final
que supoñerá o 100% da nota final. Farase nas datas oficiais que
estableza o centro. Neste exame haberá unha parte teórica e outra
práctica que constará de exercicios de corrección lingüística, similares
aos feitos nas horas prácticas da materia, e de aplicación de
coñecementos teóricos adquiridos na materia. Os estudantes deberán demostrar que saben
relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a
materia dende unha perspectiva aplicada. As datas dos exames
pódense consultar na páxina web da Facultade de
Comunicación: https://fcom.uvigo.gal/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/ SEGUNDA OPORTUNIDADE O
alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua poderá
realizar un único exame na convocatoria de xullo, na data estipulada
oficialmente. Este exame terá unha parte teórica e outra práctica (oral e
escrita). As datas dos exames pódense consultar na páxina web da
Facultade de
Comunicación: https://fcom.uvigo.gal/comunicacion-audiovisual/exames-comunicacion-audiovisual/ |