Resolución de problemas |
Actividade na que se formulan e resolven exercicios prácticos relacionados cos aspectos propiamente lingüísticos ou literarios da materia (por exemplo, de corrección lingüística e estilística para mellorar a gramática e o léxico; as lecturas dos textos escollidos). É un complemento indispensable da lección maxistral. Inclúe a revisión de pequenos ensaios sobre aspectos críticos dos visionados realizados nos que se exercita a lingua escrita e a expresión oral dos estudantes. |
Traballo tutelado |
Elaboración individual ou con outro estudante dun traballo de curso de certa extensión (5000 palabras) baseado en investigacións feitas nas áreas de estudo relacionadas co galego e coa comunicación audiovisual. Coa súa realización, o que se pretende é que o estudante se familiarice coa procura de documentación axeitada, que traballe de maneira crítica e analítica, e se habitúe aos estándares formais das publicacións académicas baixo a orientación do profesor. |