As probas do sistema de avaliación continua da aprendizaxe do estudantado estarán baseadas na combinación dalgunhas das seguintes metodoloxías: Exames escritos u orais, traballos presentados e dirixidos academicamente, con respecto aos contidos da materia, realización de distintos tipos de prácticas e participación activa do estudantado nas clases teóricas, prácticas, seminarios, talleres e demais actividades relacionadas coa materia. As probas de avaliación continua, tanto presenciais como telemáticas, realizaranse sempre dentro do horario asignado ás aulas lectivas da materia. No caso de insuficiencia de medios, o profesorado responsable da materia, a través dos coordinadores/as de materia, curso e título poderán artellar mecanismos de planificación que garantan o mellor axuste do horario para realizar as probas de avaliación. Isto notificaráselle con suficiente antelación ao estudantado involucrado a través dos cronogramas das materias establecidos polas coordinacións dos títulos. En calquera caso, as citadas horas computarán dentro das horas lectivas da materia. Esta modalidade pode incluír, ademais, unha proba final, entendida como a que ten condicionada a súa realización na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación. Dado que a asistencia a clase é un dereito do estudantado, tal e como se recolle nos Estatutos da Universidade de Vigo, pero ao mesmo tempo é un elemento fundamental do proceso de ensino-aprendizaxe, poderá valorarse como un factor máis nos procesos de avaliación do estudantado na modalidade de avaliación continua. Conservaranse os datos acreditativos da devandita asistencia, que deberán notificarse ao alumnado de xeito análogo ao resto de cualificacións A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria para o alumnado da modalidade de evaluación continua e as faltas de asistencia sen xustificar documentalmente teranse en conta na nota final. Cada falta nas sesións prácticas da materia resta 0,25 puntos da nota final salvo que o alumno/a presente xustificante oficial por escrito. Para estes efectos, consideraranse causas xustificadas as seguintes: a. A realización de exames, probas de avaliación oficiais ou probas selectivas na Administración que se xustifiquen mediante a acreditación do órgano avaliador. b. A presenza en órganos colexiados e comisións derivadas destes por parte dos e das representantes electos do estudantado, acreditada pola presidencia ou secretaría do citado órgano ou comisión. Así como a representación da Universidade de Vigo nos órganos onde esta estea presente. c. O ingreso en centros hospitalarios ou as consultas médicas programadas acreditado polo centro médico ou facultativo involucrado. d. A enfermidade ou a baixa médica que impida a presenza física no centro, acreditada polo centro médico ou facultativo involucrado. e. A enfermidade grave ou falecemento dun familiar, ata o 3o grao, debidamente acreditada. f. O cumprimento dun deber público, debidamente acreditado. g. A limitación da mobilidade orixinada por unha inclemencia meteorolóxica ou emerxencia de calquera outra índole, debidamente acreditada, ou a declaración dunha alerta, alarma ou excepción, decretada por unha Administración pública competente no territorio da Universidade de Vigo que limite a mobilidade ou a desaconselle. h. A folga ou o paro académico autorizado, debidamente acreditado. i. A participación como deportista nos supostos recollidos no Estatuto do estudantado deportista da Universidade de Vigo. j. Calquera outra causa sobrevida. No sistema de avaliación global, a non asistencia ás aulas non poderá repercutir negativamente na cualificación nin ser un requisito preceptivo. No caso de solicitar a avaliación global, o alumno/a poderá ser avaliado de prácticas aínda que non asistise a estas, sempre que non se trate de prácticas de carácter clínico/experimental, ou das materias «Practicas externas» ou «Prácticum» de calquera titulación. Nas prácticas de laboratorio valorarase a presentación das tarefas propostas en tempo e forma e a súa adecuación ao explicado nas sesións teóricas e nas prácticas de laboratorio. É posible realizar traballos complementarios, sempre de acordo co profesor, que servirán para mellorar a nota obtida. Para a cualificación final é necesario ter aprobada a parte teórica da materia cun cinco As puntuacións das prácticas non se sumarán ata que se supere o exame teórico. Do mesmo xeito o alumnado de evaluación continua deberá acadar un mínimo de 5 nas prácticas para que a nota lle faga media coa teoría e o obradoiro. |