Guia docente 2024_25
Facultad de Comunicación
Grao en Comunicación Audiovisual
 Materias
  Comunicación: Teoría e técnica da imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O/A alumno fará un ou varios traballos individuais ou colectivos sobre os contidos da materia. 30 A1
B3
B4
B5
B7
C14
C17
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Para avaliar os coñecementos teóricos da materia. 30 C14
C17
D1
Proxecto Os alumnos desenvolverán varios proxectos, individualmente ou en grupo, nas horas prácticas da materia. A asistencia a estas clases é obrigatoria. En caso de ausencia non xustificada, a partires da terceira rebaixarase un 25% a cualificación deste apartado. 30 B3
B5
C14
C17
D1
Observación sistemática Valorarase a asistencia e participación tanto nas clases teóricas coma prácticas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumno poderá optar a dous tipos de cualificación: avaliación continua e avaliación global.


1 - Avaliación continua:


Aplicaránse as porcentaxes e conceptos anteriores (Exame, Proxecto/s e traballo/s) aos que se sumará a observación sistemática se esta é positiva. A nota final será a nota media dos 4 apartados segundo as súas porcentaxes relativas. Para poder superar a materia, é preciso obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das tres partes principais (Exame, Proxecto/s e traballo/s).


Todos os detalles da estrutura do exame, as declaracións de traballos e prácticas, o calendario de entrega, os criterios de corrección e as calificacións, publicaranse na plataforma MOOVI. Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará por ningún outro medio.


A asistencia presencial ás sesións teóricas e prácticas no horario establecido é obrigatoria. As prácticas faranse principalmente en clase, polo que a asistencia será controlada. Non se avaliarán traballos e prácticas entregados fóra de prazo e restarán unha porcentaxe na nota final do seu apartado correspondente. En caso de ausencia non xustificada, a partires da terceira rebaixarase un 25% a cualificación deste apartado. Ademáis, a asistencia e participación xerais, e en concreto ás clases teóricas, será tida en conta mediante criterios de observación sistemática.

Se non se supera algunha das partes da materia, gardaranse as cualificacións das partes aprobadas para a convocatoria de xullo. Na segunda edición (xullo) aplicaranse os mesmos criterios. O alumno repetirá as partes non aprobadas e fará, si procede, un novo exame. Tamén se necesitará unha nota mínima de 5 en cada apartado, para superar a materia. Caso de non alcanzala, a cualificación final será a do exame de xullo.


2 - Avaliación global


De acordo a o establecido no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado, quen non opte pola modalidade de avaliación continua, terá dereito a unha proba global nas datas que a Facultade determine. Será unha proba única (composta de varias partes) e que permitirá cualificar a o alumnado entre 0 e 10, igual que en la avaliación continua. Esta posibilidade deberá ser solicitada expresamente polo alumno, coa antelación e procedementos que o Decanato da Facultade determine, e suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación continua.

A proba realizarase na data e horario establecido oficialmente pola Facultade. Terá duas partes:

Teoría - Será a mesma que a de avaliación continua. Suporá o 50% da cualificación.

Práctica - Esta parte constituirá o outro 50% da cualificación.

A parte práctica incluirá a presentación dun traballo de investigación sobre a materia, que suporá o 30% da nota desta parte práctica, e unha proba técnica relacionada cos contidos da materia, que suporá o outro 70% da nota desta parte práctica. A proba farase empregando os medios e espazos da Facultade despóis do exame teórico (2 horas) e terá unha duración máxima de 3 horas até un total de 5 horas.

A cualificación final será a nota media das 2 probas. Non obstante, para superar a materia será preciso obter, como mínimo, un 5 en cada unha das partes.

Na segunda edición (xullo) o método será idéntico o da primeira edición e tamén se necesitará unha nota mínima de 5 para facer a media coa parte práctica.

Todos os detalles da estrutura do exame, material de estudio, enunciados dos traballos, criterios de corrección, así como as cualificacións, serán publicados na plataforma MOOVI.

Será responsabilidade do alumno estar atento a esta información, xa que non se facilitará a través de ningunha outra vía.

Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en base ó citado Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000