Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Xestión de espazos protexidos e biodiversidade
   Contidos
Tema Subtema
1. A Ciencia da Conservación. Oríxenes e breve historia dos movementos conservacionistas. Principios da bioloxía da conservación. Ecoloxía e ecoloxismo. Importancia da ciencia na conservación.
2. Valores e funcións ecolóxicas da biodiversidade. Diversidade xenética, específica e ecosistémica: o concepto de biodiversidade. Etodiversidade. Por que se deben conserva-las especies? O valor intrínseco das especies e o seu estatus de conservación. Os valores instrumentais e a rareza das especies. Os valores ecosistémicos.
3. Estabilidade, diversidade e funcionamento dos ecosistemas. O concepto de estabilidade. O debate diversidade-estabilidade (a historia da controversia, estudios actuais, diversidade e pragas, diversidade e funcionamento dos ecosistemas, diversidade e cambio global). Cascada trófica. Retrogresión.
4. Principios ecolóxicos na explotación de recursos naturais. Concepto de explotación sustentable. Principios para a explotación das poboacións. Cambios xenéticos nas poboacións explotadas. A explotación dos bosques. Explotación forestal en Galicia. Certificación forestal (FSC, PEFC).
5. A extinción. Número de especies que habitan o planeta. Causas da rareza das especies. Clasificación IUCN. Criterios da lista roxa da IUCN. Estimación da taxa de extinción. Procesos e causas de extinción. Degradación e destrucción de hábitats. Bioxeografía de illas. Dinámica metapoboacional. Sobre-explotación. Especies exóticas invasoras. Control biolóxico. Análise de viabilidade de poboacións (PVA).
6. Xestión de especies e poboacións. Obxectivos da xestión. Importancia da variabilidade xenética. Unidades de xestión. Recursos escasos. Control das ameazas. Traslados e cría artificial. O papel dos zoolóxicos, xardíns botánicos e museos. Importancia da etoloxía na conservación. Casos prácticos.
7. Xestión e restauración de ecosistemas. Sustentatibilidade. Principios da xestión de ecosistemas. Análise de decisións. Ecosistemas modificados (explotación forestal, ecosistemas agropecuarios, ecosistemas acuáticos). Restauración de ecosistemas.
8. Os factores sociais na conservación. Os cambios culturais. Descrición de valores. Valoración de prioridades. Cultura e conservación. Ecofeminismo. Ecoturismo. A educación ambiental.
9. A economía da conservación. Valoración económica da diversidade biolóxica (tipos de sustentabilidade, modelos de decisión en economía ecolóxica, o valor da biodiversidade). Externalidades. Custes da conservación (método do custe da viaxe, valoración continxente). A traxedia dos bens comunais.
10. Acción política e conservación. Organizacións internacionais (UICN, o programa MaB). Política nacional e conservación. Papel das organizacións non governamentais (ONGs), empresas e individuos. Investigación científica, política e conservación. O ecoloxismo coma ideoloxía política.
11. Deseño de reservas e parques protexidos. A política de reservas protexidas. Tipos de reservas (IUCN). Obxectivos da creación de reservas. Representación da biodiversidade. Características cruciais do deseño de reservas: tamaño, dinámica, contexto espacial, conectividade, zonas de amortecemento. Espacios Naturais protexidos de Galicia.
12. Xestión e Lexislación de Espazos Protexidos Estrutura da xestión: órgano reitor, órgano colaborador e órgano xestor. Participación social na xestión. Planificación do uso público. Marco legal da xestión: lexislación internacional, nacional e autonómica. Zonificación e os seus instrumentos (PORN, PRUX).
13. Os plans de xestión de especies ameazadas. Directrices, obxectivos e viabilidade. Exemplos: o plan de recuperación do sapoconcho europeo (Emys orbicularis) en Galicia; Plan de xestión das poboacións de libeliñas (Odonatos) de interese europeo; Bioloxía reproductiva e xestión da camariña (Corema album) nas Illas Cíes.
Práctica 1. Deseño de reservas: posta a proba da relación especies-área. Empregando un programa de simulación, estimación da relación especies/área e dos efectos diana e rescate.
Práctica 2. Principios taxonómicos e características das comunidades. O seu uso no proceso de toma de decisións sobre conservación. Mediante mostras simuladas de coleópteros de tres illas, estabrecemento de prioridades de conservación baseándose no concepto morfolóxico de especie
Práctica 3. Debate sobre a pesca comercial nun Parque Nacional. Mediante un xogo de rol exporanse as diferentes posturas sobre a pesca e a conservación nun parque nacional, empregando información do P.N. das Illas Atlánticas de Galicia e do P.N. das illas Galápagos
Práctica 4. Análise de viabilidade de poboacións mediante o programa VORTEX. Simulación de estratexias de xestión de poboacións ameazadas.
Práctica 5. Saída de campo. Visita ao Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia en Coles (Ourense) Estudio dos sistemas de conservación de xermoplasma de razas autóctonas de gando.
Práctica 6. Saída de campo. Visita ao Parque Natural das Fragas do Eume. Toma de contacto coa xestión real dunha área protexida, coas suas características e problemas específicos.
Práctica 7. Saída de campo. Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Illa de Cortegada. Vistas as particularidades do Parque, coa súa insularidade, a visita será ao centro de recepción de visitantes en Vigo, se as condicións loxísticas e climáticas así o aconsellan.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000