É obligación do alumnado a asistencia as clases teóricas e prácticas. A avaliación continua farase segundo as metodoloxías e probas expostas:
-Avaliaranse os coñecementos teóricos da materia mediante un exame escrito ou oral, cun peso do 40% na nota global
-Avaliaranse os coñecementos prácticos de laboratorio e os adquiridos nas saídas de campo cun exame escrito no que deberán contestar preguntas curtas e identificar, mediante foto: síntomas e signos de patoloxías e pragas forestais. O alumnado tamén terá que presentar unha memoria ou informe de actividades realizadas nas prácticas de laboratorio e de campo, cun peso do 40% na nota global.
-Avaliarase a capacidade de séntese entregando un resumo do tema a expoñer que terá que seguir as normas publicadas en moovi e a capacidade de expresarse de forma académica expoñendo dito tema ao resto do alumnado, cun peso do 20% na nota global. avaliaranse os coñecementos a través do exame práctico, cun peso do 10% na nota global.
Será imprescindible superar cada unha das 3 partes independentemente antes de facer a media da nota final.
A avaliación global farase mediante 2 probas escritas (unha teórica e outra práctica) cun peso do 70% e 30% respectivamente.
Datas dos exames: As datas oficiais e as posibles modificacións están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/