Código |
Descrición |
B1 |
Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal. |
B2 |
Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo as paisaxes. |
B3 |
Coñecemento dos procesos de degradación que afecten os sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade. |
B4 |
Capacidade para avaliar e corrixir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental. |
C19 |
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: avaliación e corrección do impacto ambiental; recuperación de espazos degradados. |
D4 |
Sostenibilidade e compromiso ambiental |
D5 |
Capacidade para a xestión da información, análise e síntese
|
D6 |
Capacidade de organización e planificación |
D8 |
Capacidade para resolver problemas, razoamento crítico e toma de decisións |
D10 |
Aprendizaxe autónoma. |