O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos: a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas (estudo de casos e resolución de problemas e/ou exercicios) (4 puntos). b) Superación da parte teórica, mediante unha proba que se realizará na data sinalada polo centro, de maneira presencial ou no seu caso a través do campus remoto e/ou a plataforma de teledocencia. (6 puntos) É requisito indispensable para sumar a parte práctica (estudo de casos e resolución de exercicios) polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame teórico. 2ª CONVOCATORIA 1. A forma de avaliación na convocatoria de xuño é a mesma que en xaneiro. a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xuño, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso. b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso. DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS: As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/ A publicación das notas provisionais farase na Secretaría Virtual e no taboleiro do centro. |