Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Fundamentos de economía da empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O estudante desenvolverá exercicios ou estudos de casos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor.Tamén inclúe aquelas actividades que o alumno deberá levar a cabo previamente de forma autónoma e a súa resolución será debatida na aula. 20
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba a final de curso orientada á aplicación dos conceptos desenvolvidos na materia 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Co obxectivo de incentivar o traballo regular e continuo do alumnado no desenvolvemento da materia, valorarase a realización de distintas actividades (exercicios, probas tipo test) A súa realización e entrega será a través da plataforma Moovi. Non se admitirá ningunha entrega fóra de prazo nin enviada noutro medio que non sexa a través da plataforma Moovi. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 O sistema de avaliación da materia apóiase en dous elementos:

a) Superación da parte práctica, coa realización das actividades programadas (estudo de casos e resolución de problemas e/ou exercicios) (4 puntos).

b) Superación da parte teórica, mediante unha proba que se realizará na data sinalada polo centro, de maneira presencial ou no seu caso a través do campus remoto e/ou a plataforma de  teledocencia. (6 puntos)

É requisito indispensable para sumar a parte práctica (estudo de casos e resolución de exercicios) polo menos sacar un 4 sobre 10 puntos no exame teórico.

 

2ª CONVOCATORIA 

1. A forma de avaliación na convocatoria de xuño é a mesma que en xaneiro.

a) Non existe posibilidade de mellorar a nota da parte práctica para a convocatoria de xuño, xa que se trata de actividades programadas ao longo do curso.

b) Se a materia non é superada nesta convocatoria, o alumno ou alumna deberá cursala novamente adaptándose á guía docente que estea vixente no curso académico en cuestión e, por tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no presente curso.

DATAS EXAMES E PUBLICACIÓN DE NOTAS:

As datas dos exames, segundo o calendario oficial aprobado polo centro están expostas no taboleiro oficial da EE Forestal e na web http://forestales.uvigo.es/gl/

A publicación das notas provisionais farase na Secretaría Virtual e no taboleiro do centro.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000