Obradoiro |
Modo formativo orientado á aplicación da aprendizaxe na que se poden combinar varias metodoloxías / probas (exposicións, simulacións, debates, resolución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través do cal os alumnos desenvolven tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico , co apoio e supervisión do profesorado. |
25 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B3 B4
|
C1 C3 C7 C9 C11
|
D1 D4
|
Prácticas con apoio das TIC |
Metodoloxía que permite aos alumnos aprender de forma eficaz, a través de actividades prácticas (demostracións, simulacións, etc.) da teoría dun campo de coñecemento, a través do uso de tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica do coñecemento, facilitando a aprendizaxe eo desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado. |
35 |
A2
|
B1 B3 B6 B8
|
C3 C7 C9 C11 C17
|
D3 D6 D10
|
O alumnado que non asista ás clases ou que non acade a asistencia mínima para ser avaliado como alumnado presencial, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia, o cal lle indicará as tarefas que debe realizar para superar a mesma. Estas tarefas consistirán fundamentalmente en entregar os traballos e prácticas non realizadas ademais doutros que amosen o acadamento das competencias asociadas aos contidos da materia. |