RECOMÉNDASE:
1) Actitude favorable e receptiva para a experimentación e exploración das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías no campo educativo.
2) Asistencia continua ás sesións de aula. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para avaliación por parte da docente, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedimentais.
3) Que o alumnado non asistente o comunique antes do inicio das aulas ou a máis tardar, na primeira clase, para determinar as alternativas metodolóxicas e de avaliación que se van seguir. |