AVALIACIÓN 1ª CONVOCATORIA: Para poder acollerse á avaliación continua será preciso: - asistir e participar nas sesións lectivas de aula nun 80% do tempo presencial
- realizar as probas que se indican no apartado avaliación desta guía (traballo tutelado, aprendizaxe cooperativa, metodoloxía de investigación e presentación)
A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación continua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares obtidas. En todo caso, será necesario alcanzar unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada unha das probas. Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada estudante no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en MOOVI. O estudantado que non cumpra cos requirimentos para poder acollerse á avaliación continua deberá optar pola avaliación global. Esta levarase a cabo mediante a realización dun exame teórico/práctico na data e no horario oficial da materia. Para obter unha avaliación positiva será preciso obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 nesta proba. AVALIACIÓN EN 2ª CONVOCATORIA: De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo: - No caso de ser estudantado que optou pola avaliación continua na 1ª convocatoria, poderá realizar as actividades pendentes de avaliación positiva.
- No caso de ser estudantado que non se presentou ao exame ou que non acadou unha avaliación positiva neste na 1º convocatoria, deberá realizar o exame teórico/práctico (segundo corresponda).
|