Traballo tutelado |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma baixo tutela do profesorado e en escenarios variados. Está referida á aprendizaxe de como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polo alumnado da responsabilidade da súa propia aprendizaxe, pero coa particularidade da posibilidade grupal |
Debate |
Técnica de dinámica de grupos que vira en torno a unha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate ou discusión. |
Prácticas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recolleita de información, etc. |