A
cualificación da materia basearase na realización de exames individuais para
cada un dos temas tratados.
O peso
dos exames na cualificación final distribuirase do seguinte modo:
Os temas
1 e 3 terán, cada un, un peso do 25% na cualificación final.
O tema 2 (Scrum) sempre terá un peso do 50% na cualificación final
Tamén se
deben ter en conta os seguintes criterios de aprobado:
Os exames
1 e 3 achegarán á cualificación final independentemente de que estean aprobados
ou non.
Establécese como requisito necesario para superar a materia aprobar o tema 2
(Scrum).
Cada exame considerarase aprobado alcanzando unha cualificación de 6 ou
superior.
Todos os
exames estarán compostos de preguntas curtas (tipo test de resposta única,
resposta múltiple ou verdadeiro/falso) e as preguntas erróneas non penalizarán
a cualificación.
Permítese o uso de documentación ou apuntamentos durante os exames pero
establecerase un tempo límite para cada un deles (a razón de minuto e medio por
cada pregunta).
Todos os
exames se realizarán mediante o Campus Virtual da UDC e, en cada data de
convocatoria, serán accesibles na franxa de 16:00 a 21:00.
De cara a
flexibilizar o estudo da materia e poder compaxinar o máster coa vida laboral e
persoal de cada alumno, os exames da materia estarán dispoñibles unha semana
despois de finalizar as clases (nunha convocatoria adicional previa á data do
calendario oficial). É dicir, nesta materia contarase con tres convocatorias.
En caso
de non presentarse ou non aprobar algún destes exames, o alumno poderá volver
presentarse sen penalización algunha na data do calendario oficial do máster.
Neste caso, só será necesario que se realice os exames dos temas suspensos ou
non presentados. |