Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
datas e horarios están marcadas no calendario oficial do máster.
As clases terán lugar simultaneamente - de forma presencial - nos campus de Pontevedra e A Coruña e - de forma online - a través do campus remoto da UVigo.
Todo o material (presentacións, tests, recursos, etc) será posto a disposición dos alumnos no Campus Virtual da UDC a medida que se faga uso do mesmo.
Tamén se enlazarán nesta plataforma as gravacións das sesións de clase (téñase en conta a efectos de privacidade).
Durante estas sesións realizarase unha exposición e explicación dos contidos.
|
Resolución de problemas de forma autónoma |
Ao longo do curso proporanse exercicios nos temas que o permitan, intercalaranse exercicios prácticos que axuden a asimilar os conceptos de cada tema. |
Prácticas con apoio das TIC |
Material dispoñible (audiovisual, documentos, dossier, etc.) para a modalidade online. Proporanse actividades, foros de debate e exercicios concretos para os matriculados na modalidade online |